lunes, 9 de mayo de 2016

Recordando as dúas primeiras sesións interactivas

Para esta entrada decidimos facer unha volta atrás e recordar a primeira interactiva que tivemos desta materia. A mestra fixo a presentación da súa parte da materia e explicounos cales ían ser as tarefas que levaríamos a cabo durante as súas interactivas.
De seguido, propúxonos unha actividade para facer por grupos. Consistía en pensar e escoller un problema social e facer un exercicio de reflexión, debíamos formular tres tipos de futuros: probable, posible e desexable.
No noso caso escollemos o tema de construír parques infantís, foi unha actividade interesante a de poñernos todos/as a reflexionar e debater cales críamos que serían os futuros que acontecerían. Mediante o consenso e as explicacións de cada integrante do grupo chegamos a un acordo e reunimos unha serie de situacións para cada tipo de futuro.
O seguinte paso da actividade foi a da posta en común, que se realizou na interactiva seguinte. O feito de compartir en voz alta e para todo o grupo o traballo realizado é moi satisfactorio e interesante, primeiro porque compartes o teu traballo e segundo porque aprendes e enriquéceste das propostas dos demais.
Os traballos de reflexión soen ser os máis interesantes, xa que se crea debate, diferenza de opinións...o que leva consigo que cada unha das persoas que participan saquen algo en positivo diso. Pode ser o enriquecemento, a aprendizaxe e adquisición...
En definitiva esta foi unha interactiva que nos deixou unha sensación positiva ao finalizala e tamén moitas ganas de volver a repetir unha actividade similar. 

5 comentarios:

  1. Os compoñentes do diariodesociais.blogspot.com.es estamos de acordo en que normalmente as clases interactivas son máis enriquecedoras e teremos que telo en conta cos nosos futuros alumnos/as se queremos que a través da argumentación cheguen a ser crítcos/as.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Boas compañeir@s!
    Compartimos con vos que esta clase de propostas supoñen unha gran involucración pola nosa parte na contorna para discernir as melloras que precisa a nosa cidade. Tal e como sinalan no comentario anterior, este tipo de actividades teñen un gran impacto na actividade docente posto que, mediante a argumentación, aprendemos todos de todos, respetamos ideas e opinións, xeramos debate... Guiamos ao alumnado dende a reflexión e a crítica constructiva co fin de educar en liberdade de expresión, procurando sempre o benestar de tod@s.

    ResponderEliminar
  5. Boas! Somos os integrantes do blog cornamusal e nesa interactiva os debates xurdidos foron moi dinámicos. No noso caso partimos dunha situación real: problemas coas goteiras nunha aula de infantil dun colexio urbano. É moi interesante partir das opcións posibles e probables para chegar a unha solución.


    Recomendámosvos pasar polo noso blog, para aportarvos máis ideas: http://cornamusal.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar