miércoles, 27 de abril de 2016

Ola amigos!

Na sesión do 19 de abril, dividimos a clase en dúas partes: na primeira lemos o artigo A planificación colaborativa dun currículo integrado que trata a idea de planificar xunto cos alumnos/as a creación dun currículo integrado. Este pódese integrar de moitas formas nos mozos/as, por exemplo realizando unha enquisa entre o alumnado para que suxiran aqueles temas que lles interesan ou ben poden seleccionar un tema centrado nun problema para que os rapaces/as poidan formularen aquelas preguntas e actividades que desexen. Os mestres que traballan na integración do currículo comprenden perfectamente a súa obriga profesional aportando determinados coñecementos e experiencias aos mozos/as, engadindo tamén gran parte do que se establece nos programas oficiais do Estado.  Cremos nesta idea de crear un currículo integrado para espertar a curiosidade no alumando e coñecer as súas preocupacións sobre as temáticas que a traballar.

Na segunda parte desta sesión, buscamos unha noticia en relación coa economía actual, polo que decidimos centrarnos nunha que nos afectase directamente: A fiscalía acusa ó goberno de Feijoo de omicidio por retrasar fármacos para Hepatite C por “razóns presupostarias”.  Esta noticia explica que a  fiscalía de Santiago de Compostela atribúelle a dous altos cargos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza un delito de omicidio imprudente por retrasar os fármacos de Hepatite C por falta de presuposoto. Trátase da primeira causa penal  que se abre en España contra unha administración pública por dilacións na prescrición de medicinas a pacientes con esta enfermidade. Esta nova non saíu plasmada en todos os xornais, o que nos leva a pensar que non se lle deu a suficientemente importancia e valoración que debería, por iso a seleccionamos para que chegase a máis destinatarios. Ao igual ca nós, os demais compañeiros expuxeron as noticias actuais que consideraron relevantes para a sociedade.

Podedes atopar a información sobre esta noticia no
seguinte enlace:


Un
saúdo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario