Para rematar coa
saída ao CIAC imos presentar a primeira actividade que puidemos realizar todos os
compoñentes do grupo.
Comezamos cun xogo!
Na visita ó Centro de Interpretación
Ambiental de Santiago de Compostela (CIAC) que realizamos o pasado mércores
comezamos por un educativo e dinámico xogo ambiental.
Neste xogo había un solo no cal tiñamos
árbores, parque, río e zona de edificación.
O xogo consistía en que cada grupo de 4/5
alumnos tiña que construír unha casa e diversos compoñentes, se se quería,
(piscina, parque, xardín …) con diferentes materiais ( papeis de cores, tesoiras,
pegamento …)
Cada un destes materiais tiña un prezo,
este prezo equivalía a tala de árbores, segundo o material que se precisaba
desaparecerían un, dous ou ata tres árbores.
A casa debería estar formada por un teito
vermello e por unas paredes amárelas. Logo se queríamos xardín usaríamos papel
verde, piscina papel azul, se queríamos decorar a vivenda ou o xardín
precisaríamos cores etc.
Cada grupo collía o o material que
precisaba, sen pensar no ben común que era a tala de poucas árbores. Isto facía
que o nivel de degradación da zona ía a máis o cal propiciaba á súa vez a
aparición de incendios, máis contaminación …
Isto serviu para decatarnos que só
pensamos no noso, que somos moi egoístas, sen importarnos o ben común, sen
pensar no mundo no que vivimos e que nos rodea.
Segundo puidemos saber, moitos dos grupos
escolares que acoden a este centro e realizan esta actividade pensan antes de
pasar a acción, realizan o traballo de forma conxunta, sen individualismos e loitando
xuntos por un mundo mellor (préstanse o material, aforran no gasto de materiais
…)
Moitas veces non nos decatamos de que cun
simple xesto como pode ser o uso do transporte público, o uso de bicicletas ou
a reciclaxe construiremos algo moito máis fermoso e saudable.












