martes, 10 de mayo de 2016

Derradeira clase expositiva: Aprendendo a ensinar.

O asasinato de Sarajevo onde Gavrilo Princip matou ao Arquiduque Francisco Fernando de Austria, herdeiro do Imperio Austrohúngaro, é un exemplo de como a historia contén anécdotas curiosas capaces de superar a ficción.


Nas clases de historia dos colexios non se soe recorrer a estes reclamos para chamar a atención do alumnado e así motivalos no seu aprendizaxe e crear curiosidade.
Con esta historia sobre como casualidades levaron desencadearon este asasinato e o posterior estalido da 1º Guerra Mundial comezou a nosa derradeira sesión de Ciencias Sociais. O obxectivo da mesma foi facernos ver que existen máis dunha forma de aprender, non só historia. Non hai que reter simplemente datos, senón dar unha volta máis  para crear o ambiente perfecto para o rapaz e o seu aprendizaxe. Con historias poderás esquecer nomes e datas exactas pero nunca esquecerás a trama principal.
Esta historia usouse como introdución a diferentes formas de ensinar, e logo continuamos coa lectura dun libro onde en primeira persoa se fala sobre como afectaba a peste, a cal foi considerada a pandemia máis mortífera da historia da humanidade, matando a unha terceira parte da poboación continental no século XIV.
Despois destes exemplos, vimos outras dinámicas máis e menos acertadas onde cada un de nos debemos valorar si o que se fai nelas é innovador ou tan só “algo bonito” de cara a galería cun transfondo anticuado. 
Gustaríanos facer aquí unha pregunta aberta para coñecer as vosas opinións persoais:

¿Hoxe en día sácaselle o máximo potencial as novas tecnoloxías nas aulas ou son empregadas como un material de “postureo” aplicando con elas metodoloxías tradicionais?

Por poñer un exemplo podemos nomear o feito de proxectar o propio libro de texto na pantalla dixital ou grabar ó alumnado recitando datos de memoria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario