Bos días compañeiros!
Nos vindeiros días iremos publicando diversas entradas sobre a saída
ao CIAC. Contamos con varias xa que os compoñentes deste grupo tivemos que
acudir en horarios diferentes porque se no solapaban con outras materias. Isto
resultou ser beneficioso, porque deste modo puidemos comentar máis polo miúdo o
que observamos e facer unha comparación detallada das diferentes seccións.
Comecemos!
A visita ao Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de
Compostela, permitiunos coñecer diferentes datos e curiosidades da nosa
contorna. Unha delas foi o valor que teñen os residuos.
Os residuos teñen máis valor do que se lle dan, xa que poderiamos
dicir que a cidade de Santiago pode ate perder máis ou menos cartos dependendo
do uso que lle da aos residuos.
É de gran importancia coñecer o contenedor no que se debe
depositar o lixo que tiramos, polo que temos todo detallado nos paneis expostos
no CIAC.
Dáselle gran importancia tamén as cifras que fan referencia a
cantidade de lixo que se suma no concello da capital galega, así como ao lugar
onde se deposita.
É preciso que este lugar que é visitado por escolas faga
referencia a este tema, xa que os alumnos e alumnas deben coñecer a onde vai o
que xa non usan e o importante que é a separación do lixo; a partir desta saída
o alumando podería traballar na aula moitas actividades de gran interese.





No hay comentarios:
Publicar un comentario