Para esta entrada
decidimos facer unha volta atrás e recordar a primeira interactiva que tivemos
desta materia. A mestra fixo a presentación da súa parte da materia e
explicounos cales ían ser as tarefas que levaríamos a cabo durante as súas
interactivas.
De seguido,
propúxonos unha actividade para facer por grupos. Consistía en pensar e
escoller un problema social e facer un exercicio de reflexión, debíamos
formular tres tipos de futuros: probable, posible e desexable.
No noso caso
escollemos o tema de construír parques infantís, foi unha actividade
interesante a de poñernos todos/as a reflexionar e debater cales críamos que
serían os futuros que acontecerían. Mediante o consenso e as explicacións de
cada integrante do grupo chegamos a un acordo e reunimos unha serie de
situacións para cada tipo de futuro.
O seguinte paso
da actividade foi a da posta en común, que se realizou na interactiva seguinte.
O feito de compartir en voz alta e para todo o grupo o traballo realizado é moi
satisfactorio e interesante, primeiro porque compartes o teu traballo e segundo
porque aprendes e enriquéceste das propostas dos demais.
Os traballos de
reflexión soen ser os máis interesantes, xa que se crea debate, diferenza de
opinións...o que leva consigo que cada unha das persoas que participan saquen
algo en positivo diso. Pode ser o enriquecemento, a aprendizaxe e
adquisición...
En definitiva
esta foi unha interactiva que nos deixou unha sensación positiva ao finalizala
e tamén moitas ganas de volver a repetir unha actividade similar.
Os compoñentes do diariodesociais.blogspot.com.es estamos de acordo en que normalmente as clases interactivas son máis enriquecedoras e teremos que telo en conta cos nosos futuros alumnos/as se queremos que a través da argumentación cheguen a ser crítcos/as.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarBoas compañeir@s!
ResponderEliminarCompartimos con vos que esta clase de propostas supoñen unha gran involucración pola nosa parte na contorna para discernir as melloras que precisa a nosa cidade. Tal e como sinalan no comentario anterior, este tipo de actividades teñen un gran impacto na actividade docente posto que, mediante a argumentación, aprendemos todos de todos, respetamos ideas e opinións, xeramos debate... Guiamos ao alumnado dende a reflexión e a crítica constructiva co fin de educar en liberdade de expresión, procurando sempre o benestar de tod@s.
Boas! Somos os integrantes do blog cornamusal e nesa interactiva os debates xurdidos foron moi dinámicos. No noso caso partimos dunha situación real: problemas coas goteiras nunha aula de infantil dun colexio urbano. É moi interesante partir das opcións posibles e probables para chegar a unha solución.
ResponderEliminarRecomendámosvos pasar polo noso blog, para aportarvos máis ideas: http://cornamusal.blogspot.com.es/