Estes días estase a
falar moito sobre as revalidas, esa avaliación externa de terceiro e sexto de
primaria (da LOMCE), que deben facer os alumnos
de entre 8 e 12 anos. Esa proba que dividiu ás familias igual que aos
políticos. Polo que o titular da entrada de hoxe non debe sorprender a ninguén.
As opinión son múltiples, por unha banda os docentes e directores discrepan dunha avaliación que non se fixa no traballo diario dos estudantes e por outra, a confederación que aglutina aos centros públicos pide un boicot e a dos concertados recomenda que se siga e defende os seus beneficios.

Pero... e nos como futuros mestres, que
pensamos sobre elas?
Falando un pouquiño sobre isto chegamos a conclusión que baixo noso punto de vista, todo o relacionado coas leis educativas actuais están a fallar na formación dos nenos e nenas. A educación non pode ser unha arma arreboladiza senón un instrumento de futuro para unha sociedade e un país. Por iso, ante os cambios insistentes duns e outros e a falta de perspectiva e proxecto, consideramos que un pacto en educación sería un primeiro paso importante.
Se estamos a ver todo este movemento de innovación educativa, de persoas tan potentes en diferentes ámbitos, auténticos xenios que conseguen realizar proxectos e propostas fabulosas como é posible que estas persoas non estean a tomar decisións importantes dentro do noso sistema educativo?

Animámosvos a todos a que participedes na nosa temática de hoxe: E ti que cambiarías do sistema educativo actual? aceptanse todo tipo de opinións.

Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarOs compoñentes "diariodesociais.blogspot.com.es" tamén estamos preocupados por este tema e, concretamente hoxe, polo trato recibido por un neno de 11 anos ao que o inspector de educación asignado ao seu centro mantivo apartado do seu grupo, noutra aula e completamente so, a modo de represalia por deixar en branco o exame de reválida. Incluso foi quen de dicirlle ao centro que avisasen aos pais para que o fosen recoller. A nova aparece hoxe na Voz de Galicia e o feito aconteceu en Becerreá. Está claro que hai moitas cousas que fallan agora mesmo no sistema educativo, non vos parece?
ResponderEliminarUn saúdo
diariodesociais.blogspot.com.es