viernes, 13 de mayo de 2016

Xa que a orde dos factores non altera o producto...

Para rematar coa saída ao CIAC imos presentar a primeira actividade que puidemos realizar todos os compoñentes do grupo.

 Comezamos cun xogo!

Na visita ó Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de Compostela (CIAC) que realizamos o pasado mércores comezamos por un educativo e dinámico xogo ambiental.




Neste xogo había un solo no cal tiñamos árbores, parque, río e zona de edificación.
O xogo consistía en que cada grupo de 4/5 alumnos tiña que construír unha casa e diversos compoñentes, se se quería, (piscina, parque, xardín …) con diferentes materiais ( papeis de cores, tesoiras, pegamento …)
Cada un destes materiais tiña un prezo, este prezo equivalía a tala de árbores, segundo o material que se precisaba desaparecerían un, dous ou ata tres árbores.
A casa debería estar formada por un teito vermello e por unas paredes amárelas. Logo se queríamos xardín usaríamos papel verde, piscina papel azul, se queríamos decorar a vivenda ou o xardín precisaríamos cores etc.


Cada grupo collía o o material que precisaba, sen pensar no ben común que era a tala de poucas árbores. Isto facía que o nivel de degradación da zona ía a máis o cal propiciaba á súa vez a aparición de incendios, máis contaminación …





Isto serviu para decatarnos que só pensamos no noso, que somos moi egoístas, sen importarnos o ben común, sen pensar no mundo no que vivimos e que nos rodea.
Segundo puidemos saber, moitos dos grupos escolares que acoden a este centro e realizan esta actividade pensan antes de pasar a acción, realizan o traballo de forma conxunta, sen individualismos e loitando xuntos por un mundo mellor (préstanse o material, aforran no gasto de materiais …)
Moitas veces non nos decatamos de que cun simple xesto como pode ser o uso do transporte público, o uso de bicicletas ou a reciclaxe construiremos algo moito máis fermoso e saudable.

1 comentario:

  1. Boas compis! Como anécdota desta sesión, estaría ben recordar que moitos dos que fomos nesa convocatoria ó CIAC, chegamos aproximadamente 25 minutos tarde. As indicacións que tiñamos era que o centro estaba ó lado do parque de Belvís, pero unha vez no parque non había ningún letreiro que nos indicara a onde nos debíamos dirixir. Sería interesante que os organismos encargados do funcionamento do CIAC colocaran algún indicador (ben no parque de Belvís ou na Rúa das Trompas), que facilite a chegada ó centro de futuros visitantes.

    ResponderEliminar