viernes, 13 de mayo de 2016

Xa que a orde dos factores non altera o producto...

Para rematar coa saída ao CIAC imos presentar a primeira actividade que puidemos realizar todos os compoñentes do grupo.

 Comezamos cun xogo!

Na visita ó Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de Compostela (CIAC) que realizamos o pasado mércores comezamos por un educativo e dinámico xogo ambiental.




Neste xogo había un solo no cal tiñamos árbores, parque, río e zona de edificación.
O xogo consistía en que cada grupo de 4/5 alumnos tiña que construír unha casa e diversos compoñentes, se se quería, (piscina, parque, xardín …) con diferentes materiais ( papeis de cores, tesoiras, pegamento …)
Cada un destes materiais tiña un prezo, este prezo equivalía a tala de árbores, segundo o material que se precisaba desaparecerían un, dous ou ata tres árbores.
A casa debería estar formada por un teito vermello e por unas paredes amárelas. Logo se queríamos xardín usaríamos papel verde, piscina papel azul, se queríamos decorar a vivenda ou o xardín precisaríamos cores etc.


Cada grupo collía o o material que precisaba, sen pensar no ben común que era a tala de poucas árbores. Isto facía que o nivel de degradación da zona ía a máis o cal propiciaba á súa vez a aparición de incendios, máis contaminación …





Isto serviu para decatarnos que só pensamos no noso, que somos moi egoístas, sen importarnos o ben común, sen pensar no mundo no que vivimos e que nos rodea.
Segundo puidemos saber, moitos dos grupos escolares que acoden a este centro e realizan esta actividade pensan antes de pasar a acción, realizan o traballo de forma conxunta, sen individualismos e loitando xuntos por un mundo mellor (préstanse o material, aforran no gasto de materiais …)
Moitas veces non nos decatamos de que cun simple xesto como pode ser o uso do transporte público, o uso de bicicletas ou a reciclaxe construiremos algo moito máis fermoso e saudable.

SEGUINDO COA SAIDA AO CIAC...

SECCIÓN DO MEDIO NATURAL E URBANO

Esta sección chama especialmente a atención porque está composta por diversas actividades non convencionais, xa que a diferenza da anterior ademais de conter paneis informativos e maquetas inclúe xogos interactivos.

Un destes xogos consiste na identificación de olores. É unha técnica que se soe usar nos colexios pero o feito de ter  unha especie de “mangueiras” para identificar os aromas entre unha variedade de opcións resulta máis atraínte para os rapaces. Entre eles poden debater sobre as súas respostas, xa que a identificación de certos olores pódelles resultar confusa. Deste xeito, tamén se fomenta a comunicación e o intercambio de opinións.

O outro xogo consistía nun aparello electrónico para adiviñar preguntas, o cal tamén supón unha maneira amena e divertida de aprender.

Nesta habitación, poderiamos traballar co alumnado a calidade de vida da cidade mediante:

ü  Os sentidos, especificamente os olores dunha forma innovadora.
ü  A concienciación medioambiental.
ü  A contaminación acústica e lumínica.
ü  A seguridade vial.
ü  A resolución de posibles problemas que poidan aparecer na cidade.



Xogo para idenfiticar os olores



Xogo interactivo electrónico

jueves, 12 de mayo de 2016

Retomando a saida ao CIAC!

SECCIÓN DE BIODIVERSIDADE

Nesta sección da visita puidemos observar unha diversidade de paneis explicativos e maquetas,  mediante os que poderiamos traballar co alumando de primaria as especies autóctonas de Santiago de Compostela baseándonos na fauna salvaxe, os predadores e oportunistas, os réptiles e anfibios, as especies en perigo de extinción e a flora.

Por outra banda, tamén poderiamos reflexionar sobre outros aspectos desta zona como o Río Sarela. Dende o noso punto de vista unha boa iniciativa sería facer un percorrido polo mesmo con alumnos de quinto e sexto curso de Educación Primaria, para que puidesen observar por eles mesmos aqueles aspectos dos que se documentaron previamente, fagan as cuestións que desexen e conciencialos de primeira man da importancia do coidado do noso medio e do medio ambiente en xeral. O mestre neste caso sería un mero guía que lideraría a saída. Do mesmo modo, poderíanse visitar a Catedral de Santiago e as prazas máis significativas.

Esta instancia é moi interesante pero para os rapaces/as sería máis atraínte se fose máis interactiva, por iso cremos necesaria compaxinala con saídas.




miércoles, 11 de mayo de 2016

“Catro de cada dez nenos faltaron á reválida de sexto en Galicia”

Estes días estase a falar moito sobre as revalidas, esa avaliación externa de terceiro e sexto de primaria (da LOMCE), que deben facer os alumnos  de entre 8 e 12 anos. Esa proba que dividiu ás familias igual que aos políticos. Polo que o titular da entrada de hoxe non debe sorprender a ninguén.
As opinión son múltiples, por unha banda os docentes e directores discrepan dunha avaliación que non se fixa no traballo diario dos estudantes e por outra, a confederación que aglutina aos centros públicos pide un boicot e a dos concertados recomenda que se siga e defende os seus beneficios.
Pero... e nos como futuros mestres, que pensamos sobre elas?                

Falando un pouquiño sobre isto chegamos a conclusión que baixo noso punto de vista, todo o relacionado coas leis educativas actuais están a fallar na formación dos nenos e nenas.  A educación non pode ser unha arma arreboladiza senón un instrumento de futuro para unha sociedade e un país. Por iso, ante os cambios insistentes duns e outros e a falta de perspectiva e proxecto, consideramos que un pacto en educación sería un primeiro paso importante.
 Se estamos a ver todo este movemento de innovación educativa, de persoas tan potentes en diferentes ámbitos, auténticos xenios que conseguen realizar proxectos e propostas fabulosas como é posible que estas persoas non estean a tomar decisións importantes dentro do noso sistema educativo?
         

Animámosvos a todos a que participedes na nosa temática de hoxe:
E ti que cambiarías do sistema educativo actual?  aceptanse todo tipo de opinións. 

Visita ao Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de Compostela (CIAC)

Bos días compañeiros!

Nos vindeiros días iremos publicando diversas entradas sobre a saída ao CIAC. Contamos con varias xa que os compoñentes deste grupo tivemos que acudir en horarios diferentes porque se no solapaban con outras materias. Isto resultou ser beneficioso, porque deste modo puidemos comentar máis polo miúdo o que observamos e facer unha comparación detallada das diferentes seccións.

Comecemos! 
A visita ao Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de Compostela, permitiunos coñecer diferentes datos e curiosidades da nosa contorna. Unha delas foi o valor que teñen os residuos.
Os residuos teñen máis valor do que se lle dan, xa que poderiamos dicir que a cidade de Santiago pode ate perder máis ou menos cartos dependendo do uso que lle da aos residuos.




 É de gran importancia coñecer o contenedor no que se debe depositar o lixo que tiramos, polo que temos todo detallado nos paneis expostos no CIAC.






 Dáselle gran importancia tamén as cifras que fan referencia a cantidade de lixo que se suma no concello da capital galega, así como ao lugar onde se deposita. 




É preciso que este lugar que é visitado por escolas faga referencia a este tema, xa que os alumnos e alumnas deben coñecer a onde vai o que xa non usan e o importante que é a separación do lixo; a partir desta saída o alumando podería traballar na aula moitas actividades de gran interese.

martes, 10 de mayo de 2016

Derradeira clase expositiva: Aprendendo a ensinar.

O asasinato de Sarajevo onde Gavrilo Princip matou ao Arquiduque Francisco Fernando de Austria, herdeiro do Imperio Austrohúngaro, é un exemplo de como a historia contén anécdotas curiosas capaces de superar a ficción.


Nas clases de historia dos colexios non se soe recorrer a estes reclamos para chamar a atención do alumnado e así motivalos no seu aprendizaxe e crear curiosidade.
Con esta historia sobre como casualidades levaron desencadearon este asasinato e o posterior estalido da 1º Guerra Mundial comezou a nosa derradeira sesión de Ciencias Sociais. O obxectivo da mesma foi facernos ver que existen máis dunha forma de aprender, non só historia. Non hai que reter simplemente datos, senón dar unha volta máis  para crear o ambiente perfecto para o rapaz e o seu aprendizaxe. Con historias poderás esquecer nomes e datas exactas pero nunca esquecerás a trama principal.
Esta historia usouse como introdución a diferentes formas de ensinar, e logo continuamos coa lectura dun libro onde en primeira persoa se fala sobre como afectaba a peste, a cal foi considerada a pandemia máis mortífera da historia da humanidade, matando a unha terceira parte da poboación continental no século XIV.
Despois destes exemplos, vimos outras dinámicas máis e menos acertadas onde cada un de nos debemos valorar si o que se fai nelas é innovador ou tan só “algo bonito” de cara a galería cun transfondo anticuado. 
Gustaríanos facer aquí unha pregunta aberta para coñecer as vosas opinións persoais:

¿Hoxe en día sácaselle o máximo potencial as novas tecnoloxías nas aulas ou son empregadas como un material de “postureo” aplicando con elas metodoloxías tradicionais?

Por poñer un exemplo podemos nomear o feito de proxectar o propio libro de texto na pantalla dixital ou grabar ó alumnado recitando datos de memoria.


lunes, 9 de mayo de 2016

Recordando as dúas primeiras sesións interactivas

Para esta entrada decidimos facer unha volta atrás e recordar a primeira interactiva que tivemos desta materia. A mestra fixo a presentación da súa parte da materia e explicounos cales ían ser as tarefas que levaríamos a cabo durante as súas interactivas.
De seguido, propúxonos unha actividade para facer por grupos. Consistía en pensar e escoller un problema social e facer un exercicio de reflexión, debíamos formular tres tipos de futuros: probable, posible e desexable.
No noso caso escollemos o tema de construír parques infantís, foi unha actividade interesante a de poñernos todos/as a reflexionar e debater cales críamos que serían os futuros que acontecerían. Mediante o consenso e as explicacións de cada integrante do grupo chegamos a un acordo e reunimos unha serie de situacións para cada tipo de futuro.
O seguinte paso da actividade foi a da posta en común, que se realizou na interactiva seguinte. O feito de compartir en voz alta e para todo o grupo o traballo realizado é moi satisfactorio e interesante, primeiro porque compartes o teu traballo e segundo porque aprendes e enriquéceste das propostas dos demais.
Os traballos de reflexión soen ser os máis interesantes, xa que se crea debate, diferenza de opinións...o que leva consigo que cada unha das persoas que participan saquen algo en positivo diso. Pode ser o enriquecemento, a aprendizaxe e adquisición...
En definitiva esta foi unha interactiva que nos deixou unha sensación positiva ao finalizala e tamén moitas ganas de volver a repetir unha actividade similar. 

miércoles, 27 de abril de 2016

Ola amigos!

Na sesión do 19 de abril, dividimos a clase en dúas partes: na primeira lemos o artigo A planificación colaborativa dun currículo integrado que trata a idea de planificar xunto cos alumnos/as a creación dun currículo integrado. Este pódese integrar de moitas formas nos mozos/as, por exemplo realizando unha enquisa entre o alumnado para que suxiran aqueles temas que lles interesan ou ben poden seleccionar un tema centrado nun problema para que os rapaces/as poidan formularen aquelas preguntas e actividades que desexen. Os mestres que traballan na integración do currículo comprenden perfectamente a súa obriga profesional aportando determinados coñecementos e experiencias aos mozos/as, engadindo tamén gran parte do que se establece nos programas oficiais do Estado.  Cremos nesta idea de crear un currículo integrado para espertar a curiosidade no alumando e coñecer as súas preocupacións sobre as temáticas que a traballar.

Na segunda parte desta sesión, buscamos unha noticia en relación coa economía actual, polo que decidimos centrarnos nunha que nos afectase directamente: A fiscalía acusa ó goberno de Feijoo de omicidio por retrasar fármacos para Hepatite C por “razóns presupostarias”.  Esta noticia explica que a  fiscalía de Santiago de Compostela atribúelle a dous altos cargos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza un delito de omicidio imprudente por retrasar os fármacos de Hepatite C por falta de presuposoto. Trátase da primeira causa penal  que se abre en España contra unha administración pública por dilacións na prescrición de medicinas a pacientes con esta enfermidade. Esta nova non saíu plasmada en todos os xornais, o que nos leva a pensar que non se lle deu a suficientemente importancia e valoración que debería, por iso a seleccionamos para que chegase a máis destinatarios. Ao igual ca nós, os demais compañeiros expuxeron as noticias actuais que consideraron relevantes para a sociedade.

Podedes atopar a información sobre esta noticia no
seguinte enlace:


Un
saúdo!!

martes, 12 de abril de 2016

presentación



Día un





Ola amigos, somos un grupo de maxisterio de cuarto curso, exactamente Clis 5.
 Os compoñenentes que formamos o grupo somos:  Laura Martínez Alonso, Claudia Martínez de la Iglesia, Eduardo Martínez Mosteiro, Rubén Nogueira Otero, Paula Otero Fiuza e Ines Pais Freire.


Nas vindeiras entradas do blog iremos informando das tarefas que realizamos en cada interactiva.



Espero que vos guste! 
ata pronto





Vémonos.